terça-feira, 11 de setembro de 2012

Raglan

Despois de mes e medio metida neste sitio... por fin, por fin, por fin podo saír desta cidade de ruidos e multitudes! Tras atopar coche e condutor que se animen a levarme, ¡vamos a la playa uoh uoh uoh!



O panorama é o seguinte: dúas semanas libres de clase, aquí chámano "mid-semester break", que quere dicir descanso de mitade de semestre. E que podía facer? Porque dende logo non me ía quedar en Auckland. Así que investigando atopei un sitio que parecía ser perfecto para min: 2.30h de traballo ao día a cambio de aloxamento, traballando nun hostal ao lado da praia, hummm... Empezaba a traballar o luns, así que o domingo era un día perfecto para ir á praia, probar a táboa nova, tocar a guitarra, correr na area... ¿calquera diría que estamos en inverno, eh?



E resulta que o hostal é unha pasada. É un lugar perfecto para unha retirada de meditación, para descansar uns días, para surfear, pero tamén para min foi unha calada de aire fresco, novas forzas, ideas e enerxías, e a cambio un par de leccións de xardinería e algunha que outra amizade desas de gardar no cofre máxico dos frascos de felicidade. E de regalo, unhas vistas do grande mar de Tasmania.




E despois do duro (jajaja, qué poca vergüenza) traballo de pola mañá, a surfear!!! O bueno, polo menos a intentalo, porque despois de dous anos vivindo lonxe do mar, duramente me consigo subir á táboa. En fin, polo menos a divertirme xogando nas olas. E unha das cousas máis alucinantes era o camiño dende o hostal á praia, nada menos que 15 min camiñando entre fentos xigantes, árbores enormes, e escoitando o canto duns paxaros que emitían cinco sons distintos (e cada un máis abraiante). Non fixen foto de ningún, pero se chaman Nui. Os machos tiñan como unha especie de cresta de galo colgando debaixo do bico, molaban moito.



En fin, que estas dúas semanas foron alucinantes, e agora pouco a pouco volvendo á rutina de clases e traballos. E mañán volven os entrenos de rugby! Despois dun mes ou así intentando reunir nenas para xogar un campeonato entre facultades, somos suficientes, así que espero que o esforzo de organización valla a pena! E falando de penas, quizais esteades un pouco tristes porque remata o verán, pero non preocuparse porque para min chega a primaveira, así que alegrádevos por min, que levo dous invernos seguidos! :)

Ah, outra cousa que tamén foi moi guai dos últimos días de Raglan foi unha excursión into the wild, na que dous colegas que wwoofeaban (traballar a cambio de aloxamento) comigo e máis eu nos metemos entre a foresta salvaxe, baixamos un acantilado a través dun camiño de cabras, deses que non sabes que é o camiño porque todo está cuberto de árbores e plantas, pero de repente vés un trianguliño laranxa de cando en cando sinalando o sitio correcto. Este é o testimonio.



Espero, familia do meu corazón, que non me botedes moito de menos. Sei que é duro, porque o meus encantos naturais e a miña forza magnética é difícil de resistir, pero non vos preocupedes, que estou aprendendo moito, que creo que cada día son un pouco máis sabia e vella, dentro da dificultade que entraña que diga isto alguén que non ten nin vinte anos. Pero bueno, ahí vamos, aprendendo a ser felices.

Unha aperta cósmica,

Aurora

Nenhum comentário:

Postar um comentário