domingo, 12 de agosto de 2012

Excursión a te Henga

¡Hola, familia!

Despois de varias semanas sen actualizacións, volvo escribirvos. A verdade é que estiven todo este tempo en Auckland e me daba vergoña non poder subir fotos desas marabillosas paisaxes isleñas que todo o mundo parece coñecer. Todo o mundo, menos eu... ¡¡ata hoxe!! :D


A semana pasada fun a unha das actividades que organiza a uni, á cal foron varios dos clubes para darse a coñecer. Alí atopei a un par de membros do clube de caminatas de montaña (tramping, chámanlle aquí), e practicamente acto seguido me inscribín. Así que hoxe, domingo, fumos de excursión.


Primeiro subimos a unha colina que tiña unhas vistas espectaculares sobre a praia de Kirikiri

onde comimos, mirando a unha liña do horizonte que transparentaba co mar


para baixar logo á praia,

E despois fumos a un lago súper chulo,

pasando antes por unhas dunas de area volcánica negra-marrón-violeta.


En fin, que despois dun mes metida na casa, molou un montón saír de novo ao mundo. Días de pensar, concluir, pero me alegro de ter sempre proxectos novos en mente. ¡Que nunca deixen de aparecer proxectos e de nacer ideas!

Ah, e tamén vos deixo aquí otra foto dun intento de excursión fallido hai dúas semanas. Eu intentaba buscar unha praia na cidade, e intentei chegar en bici, pero o vento era tan forte que non puiden pasar da metade do percorrido. Inda así, foi un domingo bonito, que se acabou convertendo nunha visita ao museo de barcos do porto de Auckland.


Unha aperta xigante a todos :)

Aurora

Nenhum comentário:

Postar um comentário