sábado, 3 de novembro de 2012

Coromandel trip

¡Ola, familia!

Despois dun mes, máis vale tarde que nunca, escríbovos para contarvo-la viaxe que fixemos fai un mes á península do Coromandel, ao este de Auckland. Catro horas de viaxe percorrendo as paisaxes neozelandesas, da cal destácanse os prados de vacas, e os impresionantes fentos de varios metros de altura. Así, o oitavo piso da residencia Huia (o sitio no que vivo en Auckland) fixemos a mochila, gardamos tenda de campaña e saco de durmir no coche, e espertando ás fabulosas 7 da mañá dun sábado, saímos dispostos a pasar unha gran fin de semana, antes de sumerxinos de cheo no estudo dos exames.


Montamo-las tendas nun camping a 5 minutos en coche da praia. E a praia... qué praia! Esa praia mítica que sae nos programas da tele, onde vas cunha pá, porque si excavas na area, atopas auga quente (proveniente das augas termais que saen do interior da terra, xusto debaixo desta praia).


Aquí os rapaces, traballando duramente.


Tamén tempo para toma-lo sol, bañarnos na praia coas correntes máis fortes que vin nunca, e por suposto, ¡xogar ao rugby! :D





Despois dunha mañá xenial en gran compañía, volvemos ao camping para monta-las tendas e comer algo.


E despois, como non tiñamos abondo, decidimos ir a ver un deses sitios que tamén saen nos programas de viaxes, un deses sitios impresionantes, chamado a Praia das Covas das Catedrais (Cathedral Coves Beach). Tras un camiño precioso por entre o monte, ao lado do mar, chegamos a esta praia, que inda que é pequena, é quen de robau-lo corazón de calquera. Como anécdota, dicir que dous amigos, Frank e Sania, e eu, arriscamo-la nosa vida sen decatarnos, ao intentar atravesa-la corrente que entraba e saía pola cova da foto. Cando estabamos a un lado mirando, as olas ao subir apenas chegaban contra a parede contraria. Decidimos atravesa-la porque parecía sinxelo e inofensivo. Mentres atravesábamos, a auga chegábanos á rodilla. E cando cruzamos, empapados, mirando ao punto de orixe, vimos asombrados como as olas eran de máis de metro e medio. En cuestión de cinco minutos, a marea subira tanto, que por pouco nos quedamos no outro lado. Pero nun ataque de pánico, cruzamos de volta, sabendo que era iso ou pasa-la marea (a punto de anoitecer) nunha praia sen saída. Todo moi dramático. Ao final, cruzamos sin problema, simplemente fixemo-lo camiño de volta empapados, pero felices e con un bo nivel de adrenalina en vea. :)





Non teño máis fotos desta praia, pero si buscades en google "Cathedral Coves Beach", veredes o lugar tan fantástico do que vos falo.

Ao anoitecer, volvimos ao camping, dispostos a facer unha boa barbacoa. E despois, inda que non o planeamos, fixemos unha escapada nocturna á praia, con baño termal incluído no menú.



En fin, que nada máis que engadir. Ao día seguinte espertamos cedo, volvimos a facer a mochila, e marchamos de volta á cidade. E qué máis dicir deste fin de semana asombroso con tódolos amigos da resi, desas viaxes que nos lembraremos durante moito tempo!!



Nenhum comentário:

Postar um comentário